Xoán González Millán


Xoán González Millán, nado no Grove en 1951 e falecido en Nova York o 23 de novembro de 2002, foi un estudoso e crítico literario galego, especialista en Álvaro Cunqueiro.

Índice

Traxectoria profesional

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente Antropoloxía na de Comillas. En 1987 doutorouse pola Universidade da Cidade de Nova York[1], cunha tese sobre Álvaro Cunqueiro, escritor sobre o que redactaría a maior parte da súa obra como crítico. Conseguiu praza de profesor de literaturas hispánicas e lusobrasileiras no Hunter College da Universidade de Nova York, e coordinou o Centro de Estudos Galegos desa entidade, o primeiro en abrirse nos Estados Unidos.

Colaborou en distintas revistas de cultura e crítica literaria, como Grial, A Trabe de Ouro ou A Nosa Terra. Entre 1993 e 2000 foi ademais director do Anuario de Estudos Galegos.

Tamén foi presidente da Asociación Internacional de Estudios Galegos (AIEG).

Obra

  • Proceso textual y desintegración narrativa en la novelística de Álvaro Cunqueiro, (1988), Universidade de Michigan
  • Álvaro Cunqueiro e «Merlín e familia» (1991), Editorial Galaxia
  • Álvaro Cunqueiro: os artificios da fabulación (1991), Editorial Galaxia
  • Silencio, parodia e subversión: cinco ensaios sobre narrativa galega contemporánea (1991), Edicións Xerais
  • Literatura e sociedade en Galicia (1975-1990) (1994), Edicións Xerais
  • Fantasía e desintegración na narrativa de Álvaro Cunqueiro (1996), Fundación Alfredo Brañas
  • A narrativa galega actual (1975-1984) (1996), Edicións Xerais
  • Communication littéraire et culture en Galice , a canda Antón Figueroa, edicións L'Harmattan, Francia e Canada 1997, ISBN 2-7384-5286-8
  • Resistencia cultural e diferencia histórica (2000), Sotelo Blanco
  • O diccionario enciclopédico de Eladio Rodríguez, (2001), Edicións Xerais

Galardóns

A título póstumo foi nomeado fillo predilecto do Grove[2].

Vida persoal

Faleceu como consecuencia dun accidente de tráfico sufrido o 22 de novembro, en Lexington, no parque natural de Catskill, onde tamén morreu a súa muller, Esperanza Canedo.

Notas







stock | retire | vm
Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History