Universidade de Santiago de Compostela


Universidade de Santiago de Compostela
Datos
Fundación 4 de setembro de 1495
Localización Santiago de Compostela (Provincia da Coruña)
Campus Santiago de Compostela (Norte e Sur) e Lugo
Estudiantes mais de 35.000 (Curso 2006-2007)
Reitor Senén Barro Ameneiro
Enderezo Colexio de San Xerome

Praza do Obradoiro, s/n

15782.Santiago de Compostela

Teléfono (+34) 981 563 100
Páxina web http://www.usc.es/
Entrada principal do Colexio de San Xerome, sé do reitorado.

As orixes da Universidade de Santiago de Compostela (USC) datan de finais do século XV, sendo a primeira Universidade de Galiza.

En 1990 a partir da Universidade de Santiago creáronse as Universidades da Coruña e de Vigo.

No ano 2007 conta con dous campus universitarios (Campus de Santiago -dividido en Norte e Sur-, e Campus de Lugo) e 19 facultades.

Durante o curso 2003-04 o número de estudantes matriculados ascendía a 39.005, dos cales 33.191 corespondían a titulacións oficiais do 1º e 2º ciclo.


Índice

Historia

Orixes

A finais do século XV o membro do Concello Lopo Gómez de Marzoa promoveu a creación en Santiago dun Colexio de Estudiantes Pobres motivo polo cal se dirixiu ao abade do bieito mosteiro de San Martiño Pinario frei Juan de Melgar na procura do seu apoio.

Deste xeito o 4 de setembro de 1495 outorgáronse as escrituras de doazón (a dos relixiosos en castelán e a do notario en galego) nas que se fixaron as aportacións a realizar polas partes para a fundación. Os de San Martiño doaron como sé o convento de San Paio, agás a igrexa, e o notario donou bens por un valor total de 50.000 marabedís de renda anual.

Pero este estudio de San Paio tivo unha vida moi corta xa que o 18 de xullo de 1499 os relixiosos, en capítulo presidido polo prior xeral e reformador xeral da orde de San Bieito para o Reino de Galicia, acordaron anular o contrato e instalar en San Paio ás monxas bieitas de Galicia.

O Estudio Vello

O 17 de xullo de 1501 de novo Lopo Gómez de Marzoa xunto con Diego de Muros II, bispo de Canarias, e Diego de Muros III, deán de Santiago, fixeron unha segunda fundación, na que configuraron un Estudio Xeral coa súa propia normativa e a súa sé nunha casa da Rúa Nova onde se impartiron clases de gramática e unha cátedra de Cánones. No ano 1504 unha bula do papa Xulio II confirma a fundación do devandito estudio.

Este estudio foi absorvido polo Colexio Santiago Alfeo no, ano 1542, tras o pasamento do seu único catedrático Pedro de Victoria.

A fundación de Alonso III de Fonseca

No ano 1522 Alonso de Fonseca comeza a xestionar a creación dun Colexio Novo, ao que denominaría de Santiago Alfeo, que foi aprobado por medio dunha bula do papa Clemente VII o 15 de marzo de 1526 otorgándolle os mesmos privilexios que o colexio fundado polo Cardeal Cisneros en Alcalá.

Fixou o proxecto no seu testamento de 1531, incluindo a dotación os executores e o proxecto de construción, pero á súa morte no ano 1534 aínda non se puxera en marcha. Nos anos 1551 e 1552 algúns testamenteiros reunóironse co patrón do Colexio o conde de Monterrei co obxecto de por en marcha o colexio. O edificio xa estaba feito pero carecían da normativa organizativa polo que chegaron a valorar a entrega da institución a os xesuítas para que fosen eles quenes a organizasen. Finalmente o 25 de outubro de 1553 promulagron as primeiras ordenanzas, pero estas non chegaron a aplicarse. Xa facía tempo que o Colexio de Santiago Alfeo estaba construido nos terreos doados polo propio Fonseca do solar familiar da Rúa do Franco.

As reformas de Cuesta e Portocarrero

As liortas entre os partidarios de entregar a institución aos xesuitas, principalmente o arcebispo Juán Álvarez de Toledo, e os testamenteiros fixo que o cabido recorrese a arbitraxe de Filipe II. Éste por medio da provisión real do 26 de xuño de 1555 encomendoulle ao doutor Andrés Cuesta o estudio e reorganización do colexio. Seguindo a encomenda organizou o Colexio de Santiago Alfeo diferenciandoó da propia universidade. Só os colexiais do debandito colexio podían obter os graos académicos tendo que esperarse a consolidación definitiva ata o 10 de decembro de 1567 cando o Consello Real estableceu as gradacións da Universidade de Santiago de Compostela. A Coroa foi desde entón o principal patrón da institución.

No ano 1577 solicitouse de novo a intervención da Coroa para reformar os estatutos da universidade. A consecuencia foi a visita de Pedro Portocarrero e a posterior aprobación da súa reforma en outubro de 1588. Nela especificábanse mais polo miudo as competencias e funcións dos diferentes órganos e establecíase a residencia para teólogos e xuristas no Colexio Maior de Santiago Alfeo e a dos artistas no de San Xerome, deixándolle a ensinanza de Gramática a Compañía de Xesús

Ao longo do século XVI chegou varios cursos aos 3.000 estudantes, que procedían principalmente de Galicia e Asturias.

No século XVII consolidouse coa incorporación das facultades de Leis e Medicina ás xa existente de Artes, Teoloxía e Cánones, e contou con ata cinco colexios o de Santiago Alfeo, o de San Xerome, o de San Clemente, o de San Patricio dos Irlandeses e o efímero de San Salvador. A fins deste século non chegaba a 300 o número de estudantes.

Século XX

No ano 1913 incorporouse a muller aos estudios universitarios, sendo as pioneiras en Galicia Elisa e Jimena Fernández de la Vega que obtiveron o premio extraordinario de medicina no ano 1919.

Durante a última etapa do franquismo converteuse nun foco de antifranquismo, sobre todo a partir de 1966 e máis aínda despois do maio francés do 68, así 1972 será un ano de folgas no seu seo agravada pola morte dun estudante pola policía en decembro.

Nos anos 60 tiña un promedio de 3.000 alumnos matriculados. Vinte anos despois a cifra incrementouse considerablemente chegando ata os 40.000.

A Biblioteca Xeral

A Biblioteca Xeral da Universidade ubícase no Colexio de Santiago Alfeo, popularmente coñecido como Colexio de Fonseca. Nel, entre outros, custodiase o libro mais antigo de Compostela, o Libro de Horas de Fernando I de León que data do ano 1055.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:






stock | retire | vm
Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History