Santiago de Compostela


Santiago de Compostela
Panorámica da cidade
Situación
Xentilicio[1]: Santiagués - Compostelán - Picheleiro
Xeografía
Provincia: Provincia da Coruña
Comarca: Santiago
Poboación: 93.712 hab. (2007)
Área: 220,6 km²
Densidade: 424,81 hab./km²
Entidades de poboación: 29 parroquias
Capital do concello: Santiago de Compostela
Política (2007)
Alcalde: Xosé Antonio Sánchez Bugallo (PSdeG-PSOE)
Concelleiros: BNG: 4
PPdeG: 11
PSdeG-PSOE: 10
Outros: -
Eleccións municipais en Santiago de Compostela
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 92,24 %
Sitio web oficial
www.santiagodecompostela.org
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Santiago (homónimos).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Compostela (homónimos).

Santiago de Compostela (xentilicio: Santiagués ou tamén Compostelán e máis popularmente Picheleiro), é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago da cal é capital. Así mesmo, Compostela constitúe a capital política de Galiza, radicándose polo tanto nesta cidade o goberno autonómico da Xunta de Galicia. Por outra banda, tamén é a Sé Arcebispal e mais o destino das diferentes rotas que conforman o camiño de Santiago, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, ao igual ca o seu casco vello pertencente á lista dende o ano 1985.

A cidade aséntase entre o monte Pedroso e o monte Viso, circundada polos regatos Sar e Sarela. Fai fronteira polo norte cos concellos de Val do Dubra, Trazo e Oroso, polo sur, con Teo, Vedra e Boqueixón, polo leste, co Pino e Touro e polo oeste, con Ames. Ademais da cidade de Santiago, o termo municipal comprende vintenove parroquias rurais[3]. Santiago de Compostela ten unha poboación de 93.712 habitantes (2007)[4], o que a fai a quinta cidade galega despois de Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo, do que só a separan 141 habitantes. O concello posúe unha densidade de poboación de 424,81 hab./km², e unha superficie de 220,6 km².

Índice

Orixe e historia

Catedral de Santiago
Fachada da Catedral de Santiago fotografiada desde a praza do Obradoiro.

No territorio que actualmente ocupa a catedral de Santiago existía un poboado romano, que se tende a identificar como a mansión romana de Aseconia que existiu entre a segunda metade do século I e o século V, o poboado desapareceu pero permaneceu unha necrópole que tivo uso quizais ata o século VII.
O nacemento de Santiago como se coñece agora está ligada á descoberta (presumible) dos restos do Apóstolo Santiago entre o 820 e o 835, a elevación do rango relixioso dos restos, a Universidade e na actualidade á capitalidade de Galiza.

Segundo a tradición medieval, como aparece por primeira vez na Concordia de Antealtares (1077), o eremita Paio alertado por luces nocturnas que se producían no bosque de Libredón avisou o bispo de Iria Flavia, Teodomiro, quen descubriu os restos de Santiago o Maior e de dous dos seus discípulos, no lugar que posteriormente se levantaría Compostela, topónimo que podería vir de Campus Stellae, isto é "campo de estrelas", ou máis probabelmente de Composita Tella, "terras ben axeitadas", eufemismo por cemiterio; ou mesmo "[Ja]Com[e A]postol[u]"). A descoberta propiciou que Afonso II, necesitado de cohesión interna e apoio externo para o seu reino, fixera unha pelegrinaxe que anunciou no interior do seu reino e no exterior, a un novo lugar de pelegrinaxe da cristiandade nun momento no que a importancia de Roma decaera e Xerusalén non era accesible por estar en poder dos musulmáns.

Pouco a pouco foise desenvolvendo a cidade, primeiro estableceuse unha comunidade eclesiástica permanente a carón dos restos atopados formada polo bispo de Iria e os monxes de Antealtares, espontaneamente asentouse unha poboación heteroxénea, aínda que fundamentalmente estaba formada por emigrantes procedentes das aldeas próximas, que foi aumentando a medida que progresaba a peregrinación por razóns relixiosas por todo o occidente peninsular, reforzado polo privilexio concedido por Ordoño II no ano 915 polo que se establecía que calquera que permanecera corenta días sen ser reclamado como servo pasaba a ser considerado como un home libre con dereito a residir en Compostela. Lugar de coroación de monarcas do Reino de Galiza e do Reino de León, a cidade foi destruída por Almanzor o 10 de agosto do ano 997, que tan só respectou o sartego do apóstolo. Tras a volta dos habitantes comezou a reconstrución, o bispo Cresconio a mediados do século XI dotou á cidade dun cinto de foxos e unha muralla como medida defensiva.

No ano 1075 o bispo Diego Páez deu comezo a construción da catedral románica, o aumento da pelegrinaxe fai de Compostela un lugar de referencia relixiosa en Europa, aumentando a súa importancia, que se ve recompensada tamén politicamente, acadando na época do Arcebispo Diego Xelmírez a categoría de metropolitana para a igrexa compostelá (1120). Entre os séculos XII e XIII foise artellando a rede de rúas dentro do recinto amurallado. Precisamente, no século XII, producíronse unha serie de revoltas urbanas (1116 e 1136), que en Compostela tiveron gran repercusión, acontecidas durante o pontificado de Xelmírez. A chegada da Peste Negra a cidade supuxo unha forte recesión demográfica, a partir de 1380 recuperou poboación e no século XV tiña entre 4 e 5.000 habitantes.

Fotocomposición con picaportes fotografados en Compostela.

A fundación da Universidade no século XVI e o arcebispo Alonso III de Fonseca danlle un novo pulo a atracción de Santiago, en particular en Galiza.

O establecemento da autonomía en Galiza fixo dela a capital galega, obtendo como consecuencia un novo pulo na fin do século XX. É patrimonio da Humanidade, e foi capital europea da cultura no 2000.

Demografía

Santiago conta con 93.712 habitantes de dereito (INE, 2007, 148.000 coa aglomeración urbana).

Evolución da poboación de Santiago de Compostela - desde 1900 ata 2004 -
 1900  1930  1950  1981  2004
 24.120  38.270  55.553  82.404  92.298
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Política e goberno

O Pazo de Raxoi, sede do concello compostelán
Imaxe dun cartel de políticas de conservación da zona vella promovida polo concello
Artigo principal: Pazo de Raxoi.

Actualmente, o alcalde de Santiago de Compostela é Xosé Antonio Sánchez Bugallo, do Partido Socialista Obrero Español, quen goberna en coalición co Bloque Nacionalista Galego dende o mes de xuño de 2007. Os partidos políticos máis relevantes no ámbito local, ademais do PSOE, son o Partido Popular, cuxo actual portavoz no pleno é Gerardo Conde Roa, e o Bloque Nacionalista Galego con Socorro García Conde.

O Concello de Santiago de Compostela estrutúrase en diferentes áreas: de facenda, patrimonio e seguridade cidadá; de urbanismo; de función pública, réxime interior e cultura; de desenvolvemento económico, formación e emprego; social, participación cidadá e drogodependencias; de acción cidadá; e de xestión das empresas municipais. O concello celebra plenos ordinarios cada mes, aínda que con frecuencia celébranse plenos extraordinarios, co fin de debater temas e problemas que afectan o municipio.

A xunta de goberno, presidida polo alcalde, está composta actualmente polos 10 concelleiros do PSOE e os 4 do BNG. A corporación municipal está formada por 25 membros, 9 do PSOE, 3 do BNG e 11 do PP.

Elecciones municipais, 25 de maio de 2003[5]
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 20.410 47,67 % 11
PP 18.482 30,70% 10
BNG 8.497 16,75 % 4
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007[6]
Partido Votos % Concelleiros
PP 25.174 39,01 % 11
PSOE 18.664 38,19 % 10
BNG 7.871 16,45 % 4

Clima

Santiago de Compostela posúe un clima oceánico húmido con temperaturas suaves ao longo do ano. A cidade ten unha temperatura media duns 15ºC, uns 8º de media no inverno e entre 25 e 27ºC durante o verán.

As precipitacións (entre 700 e 900 milímetros de precipitacións anuais) concéntranse principalmente no inverno, sendo menores no outono e na primavera.

Os elementos, neste sentido, que máis inflúen sobre a conformación do clima son a lonxanía coa costa, a altitude do terreo e a presenza de importantes serras que "encaixonan" a cidade e as súas zonas próximas. Isto é o que concentra a humidade e o que provoca tamén que, no inverno, sexan habituais os días nubrados.

Parámetros climáticos promedio de Santiago de Compostela
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima rexistrada °C (°F) 17 (63) 16.3 (61) 27.6 (82) 29.0 (84) 26.2 (79) 30.7 (87) 30.0 (86) 33.8 (93) 29.5 (85) 25.5 (78) 18.0 (64) 16.4 (62)
style="text-align:center; background: #C8DCF0; color:#000000; font-size:85%; border-left-width:medium;" | -0,6 (31)
Temperatura media °C (°F) 9.4 (49) 9.2 (49) 11.3 (52) 11.3 (52) 12.4 (54) 16 (61) 17.7 (64) 18.5 (65) 18.2 (65) 14.8 (59) 10.4 (51) 10 (50)
style="text-align:center; background: #A30000; color:#FFFFFF; font-size:85%; border-left-width:medium;" | 49 (120)
Temperatura mínima rexistrada °C (°F) 0.6 (33) -0.6 (31) 0.3 (33) 1.6 (35) 4.1 (39) 6.8 (44) 6.0 (43) 9.0 (48) 6.0 (43) 4.6 (40) 1.4 (35) 0.8 (33)
style="text-align:center; background: #0000DC; color:#000000; font-size:85%; border-left-width:medium;" | -15 (5)
Precipitación total mm (pulg) 49 (1.9) 36 (1.4) 47 (1.9) 41 (1.6) 53 (2.1) 65 (2.6) 81 (3.2) 89 (3.5) 90 (3.5) 84 (3.3) 73 (2.9) 55 (2.2)
style="text-align:center; background: #788CFF; color:#000000; font-size:85%; border-left-width:medium;" | 763 (30)
   
Fonte: Instituto Galego de Estatística (IGE) [7] 16-10-2008

Festas e celebracións

  • Festas da Ascensión
  • Festas do Apóstolo
  • Ano santo: cando o 25 de xullo cae en Domingo, ábrese a porta santa. Os anos santos Xacobeos presentan unha grande afluencia de peregrinos, habitualmente maior ca nun ano ordinario.
  • No ano 2006, no canto da celebración do San Roque, patrón da cidade, celebrouse o martes de Entroido como segundo festivo local. No ano 2007 recuperouse a festividade do San Roque, pero celebrouse igualmente o martes de Entroido ao coincidir a Ascensión co día das letras galegas.

Monumentos, museos e lugares de visita

Foto do interior de Fonseca, en Santiago de Compostela.
As dúas Marías, escultura moderna en metal no Parque da Ferradura, en Santiago de Compostela.
Vista aéra

Museos

Arquitectura relixiosa

  • San Martiño Pinario, igrexa e mosteiro.
  • Convento de San Francisco do Val de Deus.
  • Convento de Santo Agustín (s.XVII).
  • Convento de San Paio de Antealtares.
  • Convento de Santa Clara.
  • Igrexa de San Fiz de Solovio.
  • As Orfas
  • Igrexa de Santa María Salomé, igrexa románica (s.XII) na rúa Nova.
  • Capela de Ánimas.
  • Colexiata de Santa María de Sar.
  • Catedral de Santiago de Compostela, o emblema relixoso de Galiza e o Camiño de Santiago, con múltiples puntos de interese, entre os que destacan no seu interior o Pórtico da Gloria do Mestre Mateo e no exterior as fachadas de Praterías, do Obradoiro (conxunto barroco que completa a fachada principal diante do pórtico da Gloria e fronte ó Pazo de Raxoi) e da Azabachería. A catedral, que se comezou a levantar no século IX, conta cunha planta de cruz latina con tres naves lonxitudinais, tres de cruceiro e nove capelas na cabeceira; cinco abertas á xirola e catro ao cruceiro. Todas elas son semicirculares, agás a central que posúe a forma recta da arquitectura prerrománica. O templo está coronado por nove torres situadas do seguinte modo: dúas en cada unha das tres fachadas, dúas máis no punto de encontro das naves co cruceiro e outra máis sobre este mesmo. Foi construida plenamente con granito, unindo os perpiaños con morteiro de cal, elaborado nos fornos de Triacastela. O modelo desta catedral foi San Saturnino de Toulousse, en Francia.

Arquitectura civil

  • Pazo de Raxoi, neoclásico, sé do Concello e da Presidencia da Xunta de Galiza (s.XVIII), situado na praza do Obradoiro, fronte a fronte coa catedral.
  • Hostal dos Reis Católicos, antigo edificio que pasou por diversas ocupacións como hospital e centro de peregrinos e hoxe é Parador Nacional.
  • Colexio de San Xerome, sito na parte meridional da praza do Obradoiro, foi creado para albergue de estudantes pobres e artistas. Está unido ao Colexio de Fonseca.
  • Colexio de Fonseca. Na actualidade sede da reitoría da Universidade de Santiago e da súa Biblioteca Xeral, na bela e agradable Praza de Fonseca.
  • Colexio de San Clemente, obra do século XVII, situado enfronte do Parque da Ferradura, na súa parte norte, e moi perto da Porta Faxeira. Na actualidade alberga o I.E.S. "Rosalía de Castro".
  • Mercado de Santo Agostiño, complexo neomedieval, construído entre 1937 e 1942, proxectado polo arquitecto asturiano Vaquero Palacios.
  • Universidade. Edificio neoclásico do XIX, na actualidade ocupado pola Faculdade de Historia e Xeografía. A universidade, como institución, remonta ao século XVI.
  • Parque da Ferradura.
  • Porta do Camiño, entrada da época medieval.
  • Rúa do Franco. Típico lugar de paseo e toma de viños.
  • Rúa do Vilar. Con múltiples e chamativos soportais. Cine de principios do século XX.
  • Praza da Quintana, dividida en Quintana de Vivos e Quintana de Mortos (antigo cemiterio), limitada entre catedral, Casa da Parra, Convento de San Paio de Antealtares e a casa da Conga.
  • Auditorio de Galicia sé da Real Filharmonía de Galicia dende 1996.
Panorámica desde Belvís

Escultura

  • En Santiago hai multitude de esculturas no interior e no exterior de edificacións ou en parques, de diversas épocas ata a actualidade.

Santiagueses de sona

Vexa o artigo principal en: Composteláns de sona

Santiago na literatura popular galega

  • Indo para Santiago,/ doume a morte no camiño;/ deixo dito que me enterren/ na cama do meu veciño.
  • Indo para Santiago,/ doume a morte nunha eira;/ deixo dito que me enterren/ na cama da costureira.

Galería de imaxes

Vexa a Galería de imaxes de Santiago de Compostela para unha relación completa das imaxes dispoñibles deste concello.

Lugares de Santiago de Compostela

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Santiago de Compostela vexa: Lugares de Santiago de Compostela.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Santiago de Compostela

Aríns (San Martiño) | Bando (Santa Eulalia) | A Barciela (Santo André) | Busto (San Pedro) | O Carballal (San Xulián) | O Castiñeiriño (Nosa Señora de Fátima) | Cesar (Santa María) | Conxo (Santa María) | O Eixo (San Cristovo) | A Enfesta (San Cristovo) | Fecha (San Xoán) | Figueiras (Santa María) | Grixoa (Santa María) | Laraño (San Martiño) | Marantes (San Vicente) | Marrozos (Santa María) | Nemenzo (Santa Cristina) | A Peregrina (Santa María) | Sabugueira (San Paio) | San Caetano (Santiago) | San Lázaro (Santiago) | San Paio (Santiago) | Santa Cristina de Fecha (Santa Cristina) | Santiago de Compostela | Sar (Santa María) | Verdía (Santa Mariña) | Vidán (Divino Salvador) | Villestro (Santa María) | Vista Alegre (San Xoán)

Notas

Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Outros artigos

Ligazóns externas

sex





stock | retire | vm
Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History