Cidade capital da República Mexicana, os seus límites administrativos coinciden co seu distrito federal.
A cidade maior, con diferenza, do país (8.720.916 habitantes,censo do 2005), a poboación real que habita no D.F. é de 19.311.365. O censo non ten que ver coa realidade xa que nunca se ten feito, polos motivos que sexan, un censo realmente actualizado. É unha das urbes máis grandes do mundo, sitúase no centro da república, sobre o altiplano mexicano a uns 2.600 m. de altitude, no leito do que foi un lago e rodeada de volcáns, sobre todo ao surleste, os impresionantes Popocatépetl (5452 m.) e Iztaccíhuatl (5286 m.), chamados popularmente "o pai e a nai".
Os españois edificárona sobre as ruinas da antiga Tenochtitlán, a lexendaria capital azteca que aqueles conquistaron en 1521 ao mando de Hernán Cortés. No lugar central onde se situaban a gran pirámide e os templos, construíron a catedral, a capela do Sagrario e o palacio virreinal ao redor da gran praza do Zócalo, verdadeiro corazón da actual cidade.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
stock | retire | vm
Why are we here?
All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License
This page is cache of Wikipedia. History